Agrupación Musical do Rosal

Director

Javier Alonso Pérez

Javier Alonso Pérez comeza os seus estudos musicais con tan só 4 anos da man do seu pai. Estuda na Escola de Música Profissional de Viana do Castelo (Portugal) e no Conservatorio Superior do Conservatorio de Vigo, onde remata os seus estudos superiores de violonchelo. Ampliou os seus estudos no eido chelístico con Iminas Kutcinkas, David Etheve, Dalibor Sebestik, Dna. Bárbara Switalska entre outros.
Foi profesor de linguaxe musical, educación auditiva, coro, orquestra e violonchelo en diferentes escolas de música e conservatorios: Escola de Música Amadeus (Vigo), Escola de Música “Armando Toledo” (Vigo), Agrupación Musical do Rosal, Agrupación Musical de Belesar, Ateneo Musical de Bembrive, Escola de Música Municipal de Porriño, Asociación de Amigos da Música de Salceda de Caselas
e Conservatorio Mayeusis-Vigo.

Formou parte de diferentes orquestras como a Orquestra de Cámara Divertimento de Ponteareas, Orquestra Filarmónica de Pontevedra, “Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia”, dirixida por D. Fernando Arias (ano 1997) e a Orquestra Sinfónica APROARTE (Portugal), dirixida por Ernst Schelle, ademáis das orquestras dos seus centros de estudo, nas que foi solista de xeito habitual. No ano 2002 crea,
xunto a dúas compañeiras (Paula Castro-clarinete e Lorena Cabaleiro-piano) o “Trío Primo Tempo” co que obteñen, en xuño de 2003, o 1o premio no “III Certamen de Música de Cámara para Jóvenes Centenario de Jesús de Monasterio” celebrado en Santander e organizado polo “Club Santander- Sardinero”.

Comeza a dirixir moi xoven, na propia Escola de Música Profissional de Viana do Castelo, onde forma unha orquestra de corda entre os alumnos no ano 1999. Dende entón realiza diferentes cursos de formación con José Vicente Egea, Ferrer Ferrán, David Fiuza, Franco Cesarini, Jan Van der Roost, David Fiuza, Juan Lois Diéguez, Miguel Etchegoncelay, Miquel Rodrigo e Juan José Ocón. No ano 2016 conclúe o Curso Superior de dirección de banda na “European Academy for Wind Band”, tendo sido os seus profesores Javier Viceiro, André Granjo, José Antonio Cantal e Jan Cober.

No curso 2016/2017 estuda na Academia de “Juventuts Musicals de la Vall d ́Albaida cos Mestres José Rafael Pascual Vilaplana, Ramón García i Soler, Juan José Silvestre e Tomás Gilabert. Na actualidade remata os seus estudos de “Master of Music” na especialidade de Dirección de Banda no Hogeschool Zuyd Conservatorium de Maastricht co mestre Jan Cober. Complementa a súa formación asistindo a diversos cursos de formación organizados pola “Banda Sinfónica Portuguesa”, “Escola Galega de Dirección de Banda” e o “Seminario de Dirección de Banda” da Banda de Música de Pontevedra.

Músico colaborador de diferentes bandas da súa contorna, iníciase como director de banda no ano 2005 na Agrupación Musical do Rosal, banda que o viu nacer e medrar como músico. Nos anos 2006 a 2008 é co-director da Banda Musical de Monçao, Portugal, coa que obtén o 1o premio no Concurso Nacional de Bandas Filarmónicas da Cidade de Aveiro, no ano 2006. Entre 2015 e 2018 foi director titular da Banda de Música de Sanxenxo coa que obtén o 3o premio da 2a sección no “Certame Galego de Bandas de Música Populares” no ano 2016 e o 1o premio na edición de 2017. Dirixe diferentes agrupacións como director convidado: Banda Cultural de Salceda de Caselas, Agrupación Musical de Belesar, Banda de Música de Torroso e Banda de Música “A Lira” de Ribadavia.

En xullo de 2019 foi nomeado director titular da “Banda Sinfónica de Galicia” e dende agosto de 2019 é o director titular da Agrupación Musical de O Rosal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies