Agrupación Musical do Rosal

Blog

Encontro da Academia Europeia de Direcçao de Banda

A Agrupación Musical do Rosal recibe este fin de semana o encontro da Academia Europeia de Direcçao de Banda (AEDB)

Este fin de semana o pobo do Rosal e a súa banda reciben a visita da Academia Europeia de Direcçao de Banda. Neste penúltimo encontro do curso lectivo 2015/2016 a academia elixe a nosa agrupación para realizar as prácticas dos seus alumnos.

O encontro que se realizará os días 1, 2 e 3 de abril estará a cargo do recoñecido mestre holandés Jan Cober, un dos nomes máis importantes na actualidade na área da música para banda a nivel mundial, que impartirá clases de dirección de banda. Ademais contarase con Toni Cantal, que se encargará das clases de análise, orquestración e educación auditiva.

Visitarán as nosas instalacións arredor de 25 directores da xeografía galega e portuguesa que traballarán música de compositores americanos contemporáneos, coas obras Angels in the Architecture de Frank Ticheli e A movement for Rosa de Mark Camphouse.

Os ensaios de prácticas coa banda serán abertos ao público e realizaranse no Auditorio do Rosal, de 22:00 a 00:00 horas o venres día 1, e en horario de 16:00 a 19:00 horas, o sábado día 2.

Ademais todos os interesados en coñecer o funcionamento desta academia poden asistir ás clases deste encontro que serán gratuítas, póndose previamente en contacto coa organización no seguiente email [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies