Agrupación Musical do Rosal

Blog

Isabel Risco “As aventuras de NABIZA GIRL”

A Agrupación Musical do Rosal, seguindo ca aposta de organizar todo tipo de actos culturais e lúdicos co fin de recadar fondos para as súas propias actividades, informa que o vindeiro sábado 30 de abril ás 22:00 horas o Auditorio do Rosal acollerá “As aventuras de Nabiza Girl”, un espectáculo cómico da actriz Isabel Risco. A modo de monólogo, Isabel Risco irá contando as peripecias da “Nabiza Girl” sobre a vida, aventuras, desventuras e problemática dunha superheroína galega e rural.

isabelriscoIsabel Risco é unha actriz galega que se caracteriza sobre todo pola súa espontaneidade e o seu
entusiasmo contaxioso, conta cunha traxectoria profesional amplamente coñecida no teatro, na radio e no audiovisual, destacando polos seus papeis cómicos. Recibiu o prestixioso Premio Mestre Mateo en 2014 á mellor actriz de reparto e é moi destacábel a súa desinteresada participación en todas as causas xustas para as que é requerida, en especial na loita pola dignificación da nosa lingua e da nosa cultura.

O prezo das entradas é de 5 € anticipada e 6 € en taquilla. Se estades interesados en asistir podedes reservar a vosa entrada por adiantado nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792. Ademais para facilitar a súa compra temos varios puntos de venda espallados polo Baixo Miño.

  • O ROSAL: Auditorio do Rosal , Alimentación Armán (A Rotea – Novás), Milar-Telesón e Administración de Loterías.
  • A GUARDA: The Celtic Harp, Singular.
  • TOMIÑO: Xoiería Denixoia.
  • GOIÁN: Fotógrafo Borja.

Se chegado o momento hai entradas reservadas que non se retiraron, poderanse por de novo á venda ao público no propio día.

Se queres escachar coa risa e de paso colaborar coa Agrupación Musical do Rosal non o penses. Esperámosvos!!

1 comment

  1. Pingback: Noticias O Rosal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies