Agrupación Musical do Rosal

Blog

Horarios e orde de participación III Concurso Xoves Intérpretes Antonio Granja

Unha vez rematado o prazo de inscrición e realizado o sorteo publicamos a lista de admitidos así como o o horario de participación da Categoría A, B e C.

CATEGORÍA A (de 10 a 12 anos) 

CATEGORÍA B (de 13 a 16 anos)

CATEGORÍA C (de 17 a 23 anos)

 

A Agrupación Musical do Rosal celebra esta fin de semana o seu Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”

Entre o sábado e o domingo participarán no certame 42 xoves músicos. Como novidade, na súa categoría C participarán intérpretes de toda Galicia.

O certame, do que este ano se celebra a terceira edición, naceu coa intención de ofrecer un estímulo máis no estudio dos rapaces e rapazas da escola de música da Agrupación. Este ano, e coincidindo co 30º Aniversario da banda rosaleira, se lle da un novo xiro para abrir unha das categorías (a de 17 a 23 anos) a intérpretes de calquera procedencia. Esta categoría terá como atractivo, aparte dos tres premios (de 500, 300 e 200 euros), que o gañador terá a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación nun concerto posterior. O concurso trata desta maneira de ser un estímulo a xoves estudantes de música de calquera procedencia, e ten como obxectivo converterse nun referente a nivel galego.

As categorías A e B terán lugar este sábado día 23 (17:00 e 19:00 horas respectivamente); a categoría C desenrolarase o domingo día 24 e constará de dúas fases: unha eliminatoria (que comezará ás 10:30 horas), e a fase final (ás 19:00 horas) onde sete finalistas competirán polos tres premios. Todo isto terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal, sede da Agrupación. Esta 3ª edición do concurso conta coa inestimable axuda de, aparte do Concello do Rosal, empresas e comerciantes locais.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies