Agrupación Musical do Rosal

Blog

V Concurso de Xoves Intérpretes Antonio Granja

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é V-Concurso-Antonio-Granja-724x1024.jpg

Ainda que son tempos complicados para a cultura non podemos decaer e seguimos apostando por realizar eventos culturais seguros. Despois de ir retrasando varios meses a convocatoria decidimos seguir adiante e aquí temos as bases.

A quinta edición deste concurso de carácter bianual terá lugar os días 26 e 27 de decembro no Auditorio do Rosal. De novo unha das súas categorías estará aberta a xoves participantes (de entre 17 e 23 anos) de calquera procedencia, que contará cuns atractivos premios (500, 300 e 200 euros), e terá o aliciente especial de que o gañador gozará da oportunidade de actuar como solista coa Agrupación nun concerto posterior.

Isto supón un enorme esforzo organizativo e económico para a Agrupación, que tamén conta co apoio, coma sempre, do Concello do Rosal, da Deputación de Pontevedra, da Fundación O Rosal, da Comunidade de Montes de Sta. Mariña, e o patrocinio de empresas e comerciantes da bisbarra que tamén quixeron colaborar no proxecto. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 4 de decembro.

O concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja” naceu coa idea, nas súas pasadas edicións, de ser un estímulo máis no estudio dos alumnos da escola de música da Agrupación Musical do Rosal. O concurso leva o nome de “Antonio Granja” en agradecemento a este socio fundador, pola súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies