Agrupación Musical do Rosal

Coral Polifónica da Agrupación Musical do Rosal

Esta iniciativa xurde no ano 2003 no seo da Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección de Toñi Santos. Presentouse ó público o 16 de outubro de 2004 atopándose cunha calurosa acollida por parte do pobo rosaleiro.

Desde entón, a coral participou en diversidade de actos realizados en distintos lugares de Galicia, Asturias, País Vasco e no veciño Portugal.

Destacan entre as súas actuacións as realizadas no ano 2008 cantando na misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela e tamén a súa participación no II Certame Nacional da Avellana Piloña en Infiesto (Asturias). Tamén nese mesmo ano foi finalista e sede organizadora dun dos concertos do III Certame de Corais “En Clave Coral” convocado por la Consellería de Cultura e por Fecoga.

No ano 2009 realizou un viaxe ó Pais Vasco, actuando no Centro Galego de Vitoria-Gasteiz e na Igrexa de San Vicente Mártir.

No ano 2014 participou no II Certame Galego de Corais Vila de Arbo.

Ademais ten sido finalista no Festival de Vilancicos de Caixanova nos anos 2007, 2010, 2011 e 2012 e ten conseguido en varias ocasións o 2º premio no Concurso de Vilancicos da Catedral de Tui (2007, 2008 e 2009) e no 2015 conseguiu o 1º premio neste mesmo Concurso.

Nestes momentos a coral está formada por 45 compoñentes e a súa directora é Toñi Santos Vaquero.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies