Conservatorio Profesional

No curso 2024/2025 comeza un novo proxecto educativo musical no Rosal. Un soño e un novo camiño no que a Agrupación Musical do Rosal leva traballando dende hai varios anos.

O noso centro foi autorizado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia a través da Orde publicada no DOG 97 do 21/05/2024, para impartir as ensinanzas reguladas oficiais de Grao Profesional a partir do curso 2024/2025.

O titular do centro é a Agrupación Musical do Rosal e está situado no Auditorio Municipal do Rosal.

O Grao Profesional desenvólvese en 6 cursos académicos e ao seu remate obtense o Título Profesional de Música na especialidade correspondente.

Para cursar estudos no CEMU Profesional da Agrupación Musical do Rosal os/as aspirantes deben superar a correspondente proba de acceso. O nivel necesario será o equivalente ao 4º curso de Grao Elemental.

 

Probas de Acceso ao 1º Curso de Grado Profesional

Calendario de Probas   PDF

 

Prazas ofertadas   PDF

 

Instrucións para as probas de acceso   PDF

 

Impreso probas de acceso   PDF

 

Alumnado admitido, Tribunais, Horarios   PDF

Resultados das Probas de Acceso   PDF

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies