(Tomiño, 1997). Saxofonista cuxa labor interpretativa céntrase fundamentalmente na música clásica e contemporánea. O desexo de explorar novos horizontes e o seu interese pola música de cámara lévano a participar en diversas agrupacións musicais, entre a que destaca Litore Quartet. Recentemente rematou o seu master de interpretación con Jean-Pierre Cnoops en Conservatorium Maastricht (Países Baixos).
Comeza os seus estudos musicais na Agrupación Musical de O Rosal con Rocío Álvarez como profesora de saxofón. Ao finalizar a súa etapa académica no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, baixo a tutela de Julio Álvarez, obtén o Premio Fin de Grao Profesional (2018). Posteriormente, realizou os seus estudos superiores en Conservatori Superior de Música de les Illes Balears (CSMIB), onde se gradúa con Beatriz Tirado e Xabier Casal como profesores en 2022.
O seu principal proxecto musical é Lítore Quartet, un cuarteto de saxofóns cuxo obxectivo central é o estudo e a difusión do repertorio orixinal desta formación camerística, así como dar apoio á nova creación musical. O cuarteto participou en importantes ciclos e festivais a nivel europeo, ademais de contar con diversos premios. Ao mesmo tempo, emprende Beyond Music (2021-2022), un proxecto centrado na técnica escénica e a fisioterapia da música co fisioterapeuta e director de escena Carles Expósito de Fisio Taddeo. Por outra banda, o saxofonista ten a oportunidade de colaborar coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (2018), Alisis Saxophone Duet (2018-*), coa Mallorca Saxophone Orchestra (2018-2022), e dende 2021 forma parte do Banda Sinfónica Galega.
Amplía a súa formación na Aula Galega do Saxofón (2015-2018), ademais de recibir clases de Marie-Bernadette Charrier, Hilomi Sakaguchi, Claude Delangle, Lars Mlekusch, Simon Diricq, Nicolas Arsenijevic, Eva van Grinsven, Timothy McAllister, Joonatan Rautiola, Mario Caroli, Thomas Indermühle, Ángel Luis Quintana, Fukio Saxophone Quartet ou Cuarteto Casals entre outros.
