Raúl Rodríguez compaxina a música ao vivo coa docencia, neste senso está especializado no Método Suzuki coa mestre Ruth Miura. No seu repertorio mostra interese pola cultura musical Galega, colabora co cuarteto lírico Son de Corda, no ano 2023 estrea varias obras para frauta e piano xunto o catedrático Manuel Morales do Conservatorio Superior de Vigo e integra outras agrupacións de Música de Cámara como dúo Loura ou Cantigas.
No ano 2021 recibe o Premio Extraordinario Fin de Grao Superior, otórganlle o primeiro premio do VII Concurso de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Vigo e o terceriro premio do VI Concurso de Solistas do CSMVigo.
Raúl Rodríguez inicia a súa formación pianística da man do seu pai e continúa no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra onde estuda cos profesores Miguel Fontenla y Javier del Río, realiza estudos Superiores en Vigo con Nicasio Gradaille e Arabel Moráguez. Durante o ano 2022 realiza o máster de interpretación solista na escola Katarina Gurska de Madrid cos profesores Nino Kereselidze e Andrey Yaroshinsky.
