Agrupación Musical do Rosal

Blog

Día das Letras Galegas

O 17 de maio, Día das Letras Galegas e un día especial para todos as/os galegas/os, onde destacamos a importancia da literatura no noso idioma, o galego. Cada ano dedícase este día a un autor que destacase polas súas obras no noso idioma, sendo este ano o homenaxeado Manuel María. Neste acto ademais de enxalzar á figura do escritor, amosaremos a nosa arte a través da música.

Durante todo o día teremos diversas actuacións e actividades para tódolos gustos e tódalas idades, para goce dos visitantes. Terán protagonismo os rapaces e alumnado da nosa escola de música, mediante actuacións conxuntas da “Minibanda”, Banda Infantil, Coro Infantil, Grupos de Música Tradicional, etc. Destacar este ano o concerto que ofrecerá a banda da Agrupación Musical do Rosal, interpretando repertorio galego. O lugar dos actos será a Praza do Calvario do Rosal.

Música, contacontos, obradoiros, e postos de comida caseira a prezos populares, co fin de recadar fondos para a asociación, fan que se reúnan na Praza do Calvario un importante número de persoas.

Ademais nesta edición contaremos cun Mercadillo Solidario grazas a colaboración da asociación Conrazones.

A Agrupación Musical do Rosal ven organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006. En todas as edicións tivemos moi boa acollida por parte do público, e podemos cualificar como moi exitosos todos os actos que realizamos, asistindo ademais da poboación do Rosal xentes doutros lugares do Baixo Miño e incluso doutras comarcas da provincia.

Se queres pasar unha boa xornada con nós, acércate ata O Rosal…

1 comment

  1. Pingback: Noticias O Rosal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies