Agrupación Musical do Rosal

Blog

VI Concurso de Xoves Intérpretes Antonio Granja

A sexta edición deste concurso de carácter bianual terá lugar os días 3 e 4 de decembro no Auditorio do Rosal. De novo unha das súas categorías estará aberta a xoves participantes (de entre 17 e 23 anos) de calquera procedencia, que contará cuns atractivos premios (500, 300 e 200 euros).

Isto supón un enorme esforzo organizativo e económico para a Agrupación, que tamén conta co apoio, coma sempre, do Concello do Rosal, da Deputación de Pontevedra, da Fundación O Rosal, da Comunidade de Montes de Sta. Mariña, e o patrocinio de empresas e comerciantes da bisbarra que tamén colaboraran no proxecto. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 11 de novembro.

O concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja” naceu coa idea, nas súas pasadas edicións, de ser un estímulo máis no estudio dos alumnos da escola de música da Agrupación Musical do Rosal. O concurso leva o nome de “Antonio Granja” en agradecemento a este socio fundador, pola súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación.

Bases

Formulario inscrición

Deja una respuesta

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies