Agrupación Musical do Rosal

Blog

III Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”

O concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja” naceu coa idea, nas súas pasadas edicións, de ser un estímulo máis no estudio dos alumnos da escola de música da Agrupación Musical do Rosal. O concurso leva o nome de “Antonio Granja” en agradecemento a este socio fundador, pola súa inestimable dedicación á Agrupación Musical do Rosal dende a súa creación, da que neste 2016 se celebra o 30º aniversario.

A terceira edición deste concurso terá lugar os días 23 e 24 de abril no Auditorio do Rosal, e terá un carácter moi especial, xa que será a primeira vez que teña aberta unha das súas categorías a xoves participantes (de entre 17 e 23 anos) de calquera procedencia. Aparte de contar nesta categoría cuns atractivos premios (500, 300 e 200 euros), terá o aliciente especial de que o gañador gozará da oportunidade de actuar como solista coa Agrupación nun concerto posterior.

Isto supón un enorme esforzo organizativo e económico para a Agrupación, que tamén conta co apoio, coma sempre, do Concello do Rosal, a Fundación O Rosal e a Comunidade de Montes de Sta. Mariña, aparte de empresas e comerciantes da bisbarra que tamén quixeron colaborar no proxecto. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 18 de Marzo 27 DE MARZO

 

AMPLÍACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN

En vista de que aínda quedaron prazas libres das 30 previstas para a categoría C, a organización abre uns días máis o prazo de inscrición ao concurso, quedando aberto ata o próximo domingo 27 de marzo, ás 21:00 horas.
Lembrade que a categoría C, por primeira vez, está aberta a solistas de calquera procedencia de entre 17 e 23 anos, que poderán participar con obras a solo ou con pianista acompañante. O participante farase cargo do seu pianista se o necesita; aínda así, a Organización facilitará información de contacto de pianistas da zona para quen a necesite.

Bases III Concurso Xoves Intérpretes Antonio Granja

Cartel Concurso Antonio Granja

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies