Agrupación Musical do Rosal

Blog

Matrícula Curso 2020/2021

Instruccións para a matrícula

A matricula poderá formalizarse de dous xeitos:

  • Presencial: na oficina da agrupación en horario de 18:00 a 21:00 h.
  • De maneira telemática:
    • Opción 1: Descargando no ordenador o formulario que figura ó final deste artigo. Unha vez cuberto premer no botón enviar (sinxelo se o voso correo é de gmail). Como comprobación de se se realizou correctamente o proceso podedes ver se na carpeta de correos enviados aparece o formulario.
    • Opción 2: Descargando no ordenador o formulario que figura ó final deste artigo. Unha vez cuberto envialo a través de email a seguinte dirección: [email protected]
  • As clases darán comezo o 1 de setembro, e realizarase unha reunión previa informativa cos alumnos matriculados donde se escollerán os horarios individuais de instrumento.
  • Nas imaxes que figuran a continuación, adiantamos os horarios que teremos nas clases colectivas, así como o plan de estudos para este novo curso.

Impreso de matrícula

A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia, figurando inscrita co código 36000843 no Rexistro de Escolas de Música da Xunta de Galicia.

As materias que se imparten son as seguintes:

  • Iniciación Musical (de 3 a 7 anos, varios grupos)
  • Linguaxe musical (a partir dos 8 anos, 1º, 2º, 3º, 4º e 5º)
  • Solfexo para adultos
  • Harmonía
  • Análise
  • Instrumento (clases individuais impartidas por profesorado de cada especialidade): óboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, percusión, piano, guitarra e gaita.
  • Agrupacións: minibanda, banda infantil, coro infantil (a partir de 3 anos), coro de adultos, grupo de pandeiretas

A escola ofrece descontos do 50 % para alumnos que comecen con instrumentos como fagot, trompa e violoncello e do 100 % para trombón, bombardino, tuba e contrabaixo

Novidade: Este curso os alumnos de 7 anos poderán cursar iniciación ó instrumento que elixan

Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies