Agrupación Musical do Rosal

Blog

O clarinetista vigués Xosé Antón Comesaña, gañador do III Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”

O certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, contou por vez primeira cunha categoría aberta a xoves músicos de entre 17 e 23 anos de calquera procedencia. Juan José López e Sara Pumar acadaron 2º e 3º premio, respectivamente.

Este ano, coincidindo co 30º Aniversario da agrupación rosaleira, quíxoselle dar un xiro ao formato deste certame, que en anteriores edicións destinaba tódalas súas categorías a alumnos da súa Escola de Música. Para iso, a xunta directiva da asociación considerou oportuno abrir, nesta 3ª edición, a súa categoría de máis idade a participantes de calquera procedencia. O concurso, dende os seus inicios, fai homenaxe co seu nome a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño.

Así pois, durante a mañá do pasado domingo 24 competiron 17 intérpretes de toda Galicia polos sete postos dispoñibles na fase final que tería lugar ese mesmo día ás 19:00 horas. Aparte da cuantía dos premios (500, 300 e 200 euros), o gañador do concurso tería nun futuro a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación. Finalmente, e tras unha difícil deliberación, debido ao alto nivel de tódolos finalistas, o xurado decidiu concedelos tres primeiros postos aos xoves músicos arriba mencionados, todos eles da especialidade de clarinete. Na xornada do sábado, os gañadores foron Laura Riveiro Amorín e David Rodríguez Castro (categorías A e B respectivamente), onde tamén obtiveron unha mención especial María Pereira e Uxía Aldea.

O certame, que dende as primeiras edicións tiña como obxectivo fomentar entre os alumnos da escola de música o estudio, a superación persoal e a competición sa, trata, coa apertura desta categoría, de converterse nun referente a nivel galego para os xoves talentos musicais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies